Exemplos

Exemplo de diagnóstico: que di ChatGPT dunha candidata e como se le

Unha candidatura imaxinaria, con datos ficticios, para amosar que din ChatGPT e Gemini dunha candidata, como se le un diagnóstico e que plan de accións se deriva del.

Datos ficticios

Todo o que aparece nesta páxina é inventado con fins ilustrativos: a candidatura, os rivais, as cifras e as fontes. Non corresponde a ningún cliente nin a ningunha persoa real. Os diagnósticos reais son confidenciais.

Formulación

A Candidata A encabeza a lista do seu partido á presidencia autonómica. O seu equipo quere saber como a presentan os asistentes de IA a quen pregunte pola comunidade, polos temas de campaña ou por ela mesma, e que pode facer antes de que comece a campaña.

O diagnóstico combina preguntas sen o seu nome (visibilidade) e preguntas sobre ela (reputación), formuladas a ChatGPT e a Gemini nas linguas do seu electorado e con distintos perfís de votante.

Visibilidade

Nas preguntas que non nomean a ninguén, como «quen se presenta á presidencia?» ou «que partido defende a sanidade pública?», a candidatura aparece menos ca o seu principal rival.

Datos ficticios. Nun diagnóstico real indícanse o número de respostas, os asistentes e a data.

O informe desagrega esa presenza por tema, provincia, lingua e perfil de votante. Neste exemplo, a candidatura apenas aparece nas preguntas sobre vivenda e emprego mozo, dúas das súas prioridades.

Reputación

Cando se pregunta por ela, a IA descríbea sobre todo como unha xestora con experiencia. Pero tamén a presenta como pouco coñecida e atribúelle unha responsabilidade que non tivo.

AtributoFrecuenciaTon
Xestora con experiencia58 %Favorable
Perfil técnico44 %Neutro
Pouco coñecida fóra da súa provincia31 %Desfavorable
Responsable das listas de espera sanitarias22 %Desfavorable

Datos ficticios.

O último atributo é un erro: a sanidade non dependía do seu departamento. O diagnóstico identifica de que páxina procede e inclúeo no plan.

Fontes

O informe recolle todas as fontes que citan os asistentes e canto inflúe cada unha. Neste exemplo, a prensa rexional e as webs institucionais concentran a maioría das citas; a súa web persoal apenas aparece porque non ten contido actualizado, e un comparador electoral contén o dato erróneo sobre a sanidade.

Plan de accións

Cada acción acórdase co equipo de comunicación e inclúe a súa xustificación, os pasos, a prioridade, o prazo e a persoa responsable. Un extracto:

AcciónPrioridadeCambio esperado na IA
Actualizar a web persoal con traxectoria, propostas e datas visiblesMoi altaUnha fonte propia completa que a IA poida citar.
Solicitar a corrección do comparador electoralAltaDesaparece a atribución errónea sobre a sanidade.
Publicar propostas sobre vivenda e emprego mozo con cifras e prazosAltaPresenza nos temas nos que hoxe non aparece.
Reforzar a presenza na prensa das provincias con menos visibilidadeMediaMenos peso do atributo «pouco coñecida».

Despois de aplicar as accións, o seguimento repite a medición co mesmo método para comprobar que cambiou.

O seu diagnóstico

Cada candidatura ten o seu propio retrato na IA. Solicitar un diagnóstico